Aprendizaxe de idiomas
Aprendizaxe de idiomas

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca anualmente prazas para realizar lectorados en universidades españolas e estranxeiras interesadas na promoción e difusión da lingua galega.
Requisitos
  • Ser nacional dun Estado membro da UE.
  • Ser menor de 35 anos.
  • Ser licenciado en Filoloxía Galega, Filoloxía Románica (sempre que a primeira ou segunda lingua románica escollida fose o galego), Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en estudos de galego e español, Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios e titulacións afíns.
  • Non gozar de praza de lectorado de lingua, literatura e cultura galegas en convocatorias anteriores.
Lugar
Varía segundo a convocatoria pero pode ser en calquera dos Centros de Estudos Galegos existentes no mundo: Alemaña, Brasil, Croacia, España, EEUU, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia e Suíza. 
Prazos de solicitude
Adoita publicarse no DOG a mediados do ano.
Proceso de selección
A comisión examinará os méritos dos interesados valorando a súa formación, actividade docente, experiencia e proxecto presentado. Posteriormente convócase aos preseleccionados a unha entrevista persoal.
Para máis información:
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias


Duración e contía
O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de tres (3) anos. A data prevista de incorporación será o 1.10.2018, no caso da praza de Francia, e o 1.1.2019 no caso da praza de Brasil. As datas de remate serán, en todo caso, o 30.9.2021 e o 31.12.2021, respectivamente.
O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é de 1.277,12 euros, por tratarse de lectorados en universidades estranxeiras
Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir