Aprendizaxe de idiomas
Aprendizaxe de idiomas

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE. BOLSAS PARA PARTICIPAR EN CURSOS DE INMERSIÓN EN INGLÉS (UIMP)

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) convoca anualmente bolsas para participar en cursos de inmersión lingüística en inglés, en réxime de internado, nun centro sito en España.
Requisitos
  • Ser menor de 30 anos.
  • Ter a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, Outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior do MECD.
  • Cumprir os requisitos económicos que se detallan na convocatoria. A orde de adxudicación das axudas virá determinada con arranxo á renda per cápita da familia.
  • Superar a proba de nivel na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).
Lugar
Nun centro da UIMP: Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona, Pireneos e Cartagena.
Prazos de solicitude
Un mes a partir da publicación da convocatoria no BOE, que ten lugar no primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
A solicitude tramitarase a través da páxina web do MECD mediante formulario en liña.

Para máis información: 
https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/Convocatorias-y-procedimientos-activos.aspx
Duración e contía
O curso ten unha duración dunha semana, a elixir entre o 8 de abril e o 16 de decembro do presente ano.
A axuda cubre todos os gastos de ensinanza, material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado debe aboar 100€ en concepto de reserva de praza.
Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir