Aprendizaxe de idiomas
Certificacións

CERTIFICADOS OFICIAIS DE IDIOMAS. EXAMES OFICIAIS DE IDIOMAS

Existe toda unha serie de exames oficiais dos principais idiomas, para todos aqueles que buscan unha forma de certificar o seu nivel de coñecemento. 
Requisitos
Cambridge. A Universidade de Cambridge dispón de exames acreditativos para cada un dos niveis do MECR onde se evaluan as competencias en comprensión e expresión oral e escrita: Key English Test (KET), Preliminary English Test (PET), First Certificate in English (FCE), Certificate in Advanced English (CAE), Certificate of Proficiency in English (CPE). Ademais, a Universidade de Cambridge propón tamén outros exames específicos como o Business English Certificate. Realizan varias convocatorias ao longo do ano. 

https://www.cambridgeenglish.org/es/

TOEFL. O Test of English as Foreign Language (TOEFL) proposto por ETS é o máis importante á hora de certificar os coñecementos desta lingua nos Estados Unidos. A súa realización é a traves de ordenador, existindo tamén exames escritos que son menos comúns. Evalúase en escala nas 4 competencias provistas.

http://www.ets.org/toefl

IELTS. Exame moi recoñecido a nivel Internacional, organizado polo British Council con axuda de Cambridge. Evalúase por escala nos 4 niveis de competencias de comprensión e expresión. 

http://www.ielts.org/ 
Postos
Alliance Française. É a asociación encargada de realizar os exames oficiais do Ministerio Francés de Educación Nacional. Na actualidade existen 6 niveis, que equivalen aos do marco común europeo de referencia. Realizan tres convocatorias de exames ao ano: en setembro,
febreiro e xuño. Os exames evalúanse otorgando 25 puntos a cada unha das 4 competencias evaluadas. Necesítase sacar polo menos 5 puntos en cada sección. 

http://www.alliancefrancaise.es/ 

Sorbonne. A Universidade da Sorbona, a través do SELFEE (Service des examens de langue française réservés aux étudiants étrangers) realiza exames de francés de recoñecido prestixio. 

http://lettres.sorbonne-universite.fr/selfee 
Lugar
Goethe-Institut. Organiza os exames oficiais de alemán de maior recoñecemento internacional. O Goethe-Institut propón 14 certifi- cados segundo os diferentes niveis. O único centro examinador en Galicia é o Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago. 
O exame divídese en 4 módulos de 100 puntos cada un. Necesítanse ó menos 60 para aprobar cada parte. 

http://www.goethe.de/ins/es/lp/esindex.htm 
Prazos de solicitude
PLE. O Instituto Camões propón 5 exames oficiais da lingua portuguesa (CIPLE, DEPLE, DIPLE, DAPLE, DUPLE). En Galicia encárgase de realizar os exames o Centro de Lingua Portuguesa-Instituto Camões de Vigo.
Exame dividido en 4 partes de 25 puntos cada unha.
  
http://www.fl.ul.pt/unidades/centros/caple/ 
Proceso de selección
CELI. A Università per Stranieri di Perugia expide os Certificados de Coñecemento da Lingua Italiana (CELI) que van dende o nivel 1 ao 5.

https://www.unistrapg.it/ 

CILS. A Università per Stranieri di Siena, pola súa parte, outorga os Certificados de Italiano como Lingua Estranxeira para cada un dos seis niveis do MECR. 

http://cils.unistrasi.it/ 
Duración e contía
DELE. O Instituto Cervantes realiza os exames oficiais do Diploma de Español como Lingua Estranxeira do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O DELE ten seis niveis, adaptados ao marco común europeo de referencia 

https://examenes.cervantes.es/es/dele/que-es

CELGA. A Xunta de Galicia realiza as Certificacións de Lingua Galega.
Son 5 niveis, Comezando con CELGA 1, equivalente a A2 ata o
CELGA 5, C2.

 http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga
Ultima actualización: 21-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir