Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

ALEMAÑA. SERVICIO ALEMÁN DE INTERCAMBIO ACADÉMICO (DAAD). BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA DOCTORADOS E FUTUROS CIENTÍFICOS

Esta modalidade de bolsas ofrece ós novos científicos estranxeiros a posibilidade de realizar un proxecto de investigación ou de perfeccionamento científico, xa que o seu obxectivo principal é a promoción de teses doutorais. 
Requisitos
  • Os candidatos deben figurar entre os mozos graduados máis cualificados do seu país que estean en posesión dun título de Licenciado, Diplomado, Máster ou do doutorado no momento de empezar a desfrutar da bolsa. 
  • Os solicitantes que aspiren a obter o doutorado no seu país de procedencia deberían dispoñer da confirmación de admisión correspondente da súa universidade de orixe.Os solicitantes que teñan a intención de doutorarse no marco dun programa de doutorado estruturado deberán presentar un certificado de admisión ou, a lo menos, un documento que acredite que se considerará a súa admisión.
  • Unha carta de confirmación que asegure o asesoramento científico en Alemaña e que se refira explicitamente ó proxecto proposto polo candidato.
  • Ademais do aproveitamento dos estudos anteriores, o criterio de selección máis importante é un proxecto de investigación ou de perfeccionamento científico convincente e ben planificado que se debe acordar previamente cun asesor científico do centro superior alemán previsto.
  • Coñecementos de alemán cuxo nivel de perfeccionamento depende tanto do proxecto e da especialidade do candidato como das posibilidades de aprender alemán no seu país de orixe. No momento de solicitar a bolsa non deben ter transcorrido máis de seis anos dende a obtención da última titulación.
Lugar
En centros de ensinanza superior públicos o nunha entidade de investigación non universitaria oficialmente recoñecidos por Alemaña.
Prazos de solicitude
Ata o 1 de decembro de cada ano.
Proceso de selección
Máis información en:  http://www.daad.de/en/
Duración e contía
A comisión de bolsas fixará a duración da axuda no momento da adxudicación da bolsa. Segundo o proxecto e o plan de traballo do solicitante pode ser por regra xeral de 1 a 10 meses; para a realización do doutorado completo pode ser tres anos e catro anos en casos excepcionais.  
A contía da bolsa comprende: unha cantidade mensual que varía segundo o nivel de formación do bolseiro, de 750 euros (para graduados en posesión do primeiro título) ou 1.000 euros (para doutorandos), determinadas prestacións para o seguro de enfermidade en Alemaña e unha cantidade fixa apropiada para os gastos de viaxe a non ser que estean cubertos polo país de orixe ou outra fonte financeira.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir