Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

FUNDACIÓN ALFONSO MARTÍN ESCUDERO. BOLSAS DE INVESTIGACIÓN

 A Fundación Alfonso Martín Escudero convoca bolsas para realizar traballos de investigación en universidades ou centros de investigación, en temas que estean comprendidos nalgunha das seguintes áreas: agricultura e gandería, ciencias do mar, ciencias da saúde e tecnoloxía de alimentos.  
Requisitos
  • Nacionalidade española.
  • Ter o título de doutor de calquera universidade española ou da especialidade en Medicina (MIR), Bioloxía (BIR), Farmacia (FIR) o Química (QUIR). No caso de ter un título dunha universidade estranxeira ou dun centro español non estatal deberase acreditar a convalidación do seu título en España.
  • Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro para o período solicitado.
  • Posuír un bo coñecemento do idioma do país receptor ou ben de calquera outro idioma que permita unha comunicación fluída no centro de investigación.
Lugar
En universidades ou centros no estranxeiro.
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Máis información en:  http://www.fundame.org/
Duración e contía
A duración da bolsa é de 12 meses como mínimo e de 24 meses como máximo.  
A dotación da bolsa inclúe: unha axuda para traslados e instalación por un importe total de 3.100 euros, seguro de enfermidade e accidentes, asignación mensual entre 1.900 y 2.700 euros, segundo o país de destino.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir