Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA. PROGRAMA DE BOLSAS DE BACHARELATO ESTUDA EN CANADÁ

A Fundación Amancio Ortega co ánimo de apoiar a xoves estudantes, decidiu poñer en marcha un Programa de bolsas para alumnos do sistema educativo de España, interesados en estudar en Canadá un ano escolar equivalente ó Primeiro Ano de Bacharelato.
Requisitos
  • Estar inscrito como alumno de 4º da ESO nun Centro de Ensinanza de calquera Comunidade (ou Cidade) Autónoma do territorio español no momento de presentar a solicitude de participación. Non poderán participar os alumnos matriculados nun centro de ensinanza de titularidade estranxeira radicado en España.
  • Nota media igual ou superior a 8,00 puntos en terceiro de ESO.
  • Nota final da materia de inglés en terceiro de ESO, igual o superior a 8,00 puntos.
  • Enviar o formulario de inscrición debidamente cumprimentado coa documentación requirida a través da páxina web.
  • Non ter desfrutado con anterioridade dun ano académico no estranxeiro, durante ningún dos cursos equivalentes a 1º, 2º o 3º de ESO, con independencia do país no que se estudara dito curso.
  • Documentación a aportar: certificado de notas de 3º da ESO e certificado de renda.
Lugar
Centros educativos “High School” nas provincias canadienses Alberta, British Columbia, Nova Scotia, Ontario e Manitoba.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
  Máis información en:  
 
http://becas.faortega.org/
Duración e contía
As bolsas terán lugar durante un curso escolar (10 meses dende agosto a xuño).  
A contía abarca diversos conceptos: Axuda monetaria para gastos menores, que se aboarán mensualmente ó alumno, unha vez que comece os estudos en Canadá; seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil; e viaxes e desprazamentos dende a poboación de destino en Canadá ata o lugar de orixe en España.
Ultima actualización: 11-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir