Bolsas e prácticas profesionais
Fundación Galicia Europa

BOLSA PARA A FORMACIÓN EN PRÁCTICAS DUN AUXILIAR ADMINISTRATIVO NA OFICINA DA FGE EN BRUXELAS

A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación para a realización de prácticas de auxiliar administrativo na súa oficina en Bruxelas. Esta convocatoria ten por obxecto proporcionar ao/á beneficiario/a a posibilidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante os seus estudos, realizando prácticas de aprendizaxe de tarefas administrativas e familiarizándose, así mesmo, en asuntos relacionados co funcionamento da UE en xeral e das institucións europeas en particular. O obxectivo final é permitir unha experiencia e un coñecemento práctico das actividades cotiás dunha oficina e ofrecerlle a posibilidade de traballar nun entorno multicultural e plurilingüe.
Requisitos
  • Ser nacional dun dos Estados membros da UE.
  • Ter nacido en Galicia, ser fillo de galegos ou acreditar residencia en Galicia desde antes do 1 de xaneiro de 2015. 
  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de Formación Profesional: Técnico/a superior en Secretariado ou Técnico/a superior en Asistencia á Dirección obtidos con posterioridade ao 31 de decembro de 2010.   
Postos
Bolseiro/a da FGE.
Lugar
Na oficina da FGE de Bruxelas.
Prazos de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
Proceso de selección
O proceso de selección dos beneficiarios das bolsas constará de dúas fases
I.- Unha primeira fase de méritos. Polo que se refire á formación académica e laboral, atenderase ao expediente académico, cursos relacionados coa bolsa e títulos de idiomas. 
II.- Unha segunda fase de entrevista. Os aspirantes serán convocados a unha entrevista na que se valorará o coñecemento xeral e de actualidade sobre organización dunha oficina e a capacidade de adaptación e de traballo en equipo, especialmente en contornas multiculturais e plurilingües, podendo a Comisión de Valoración efectuar algunha pregunta en lingua inglesa ou francesa.
   
Para máis información: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/
Duración e contía
A duración abrangue un período de 12 meses, cunha contía anual de 16.200€ máis 500€ en concepto de gastos de viaxe que serán aboados ao comezo das prácticas. 
Ultima actualización: 16-10-2023
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir