Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea
A Secretaría Xeral do Consello ofrece en torno a 100 bolsas de prácticas remuneradas cada ano para nacionais dos Estados Membros que, no momento de rematar o prazo para o envío de solicitudes, teñan completado, polo menos, un primeiro ciclo de estudos universitarios. 

Requisitos
  • Ter a cidadanía europea ou ser nacional dun Estado candidato que teña rematado as negociacións de adhesión.
  • Titulado universitario, principalmente en dereito, ciencias políticas, relacións internacionais, estudos europeos e economía.
  • A SXC también busca traballadores en prácticas que teñan cualificacións noutros campos, como os seguintes: Tradución, Recursos Humáns, Comunicación, Educación, Informática, Diseño Gráfico, Multimedia, Tecnoloxía Agrícola, Enxeñería Bioquímica, Saúde e Seguridade Alimentaria, Xestión da Enerxía, Medio Ambiente e Engeniería Aeroespacial.
  • Acreditar un bo coñecemento do inglés e/ou francés.
  • Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria superior a 8 semanas.
  • Non ser maior de trinta anos.
Lugar
Bruxelas.
Prazos de solicitude
Hai dous períodos de prácticas: do 1 de febreiro ao 30 de xuño, e do 1 de setembro ao 31 de xaneiro.

As candidaturas deben enviarse antes do 1 de outubro (do ano anterior ó inicio) e o 1 de abril respectivamente.
Proceso de selección
As solicitudes serán examinadas entre setembro e xaneiro, e o Consello contactará directamente cos candidatos seleccionados.

Para máis información, preme aquí.
Duración e contía
A duración destas bolsas será de 5 meses, cunha remuneración segundo a dispoñibilidade orzamentaria. 
Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir