Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea

PARLAMENTO EUROPEO. BOLSAS DE PRÁCTICAS PARA TRADUTORES

Estes períodos de prácticas están reservados para os titulados/as universitarios/as ou de centros asimilados. Teñen por obxecto permitirlles complementar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión Europea e, en particular, do Parlamento Europeo.


Requisitos
  • Título universitario ou dunha institución equivalente.
  • Ter un coñecemento perfecto dunha lingua oficial da UE ou dun país candidato á adhesión e ter un coñecemento profundo doutras dúas linguas oficiais da UE. 
  • Ser maior de idade no momento do inicio das prácticas.
  • Posuír a nacionalidade dun Estado membro da UE ou dun país candidato á adhesión.
  • Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria superior a catro semanas.
Lugar
Luxemburgo.
Prazos de solicitude
  • Para un período de prácticas de outubro a febreiro a solicitude enviarase en xuño.
  • Para un período de prácticas de marzo a xullo a solicitude enviarase en novembro.
Proceso de selección
Máis información aquí.
Duración e contía
A duración das bolsas será de 3 meses. 

A título indicativo, o importe da bolsa en 2016 é de 1.252,62 euros/mes.
Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir