Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea

PRÁCTICAS NAS DELEGACIÓNS DO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR.

As Delegacións da Unión Europea veñen ofrecendo periodos de prácticas non remuneradas a mozos e mozas en terceiros países ou nas organizacións internacionais onde están acreditadas. O obxectivo destas prácticas é achegar á mocidade un coñecemento desde dentro do traballo día a día das Delegacións así como da implementación da política exterior da Unión e a representación dos intereses da Unión fóra desta. 

Requisitos
  • Ser nacional dun Estado membro, en proceso de adhesión ou dun terceiro Estado onde a Delegación está acreditada.
  • Ter título universitario ou estar no último ano da universidade. 
  • Ter un coñecemento excelente de idiomas estranxeiros. 
  • Ter menos dun ano de experiencia profesional.
  • Non ter traballado nas institucións comunitarias. 
Lugar
Nas delegacións do SEAE en diferentes partes do mundo. Pódese consultar o listado aquí.
Proceso de selección
Se estás interesado nun periodo de prácticas non remunerado nunha Delegación da Unión, ponte en contacto directamente coa Delegación en cuestión.
Tanto a convocatoria como o proceso de selección fanse directamente desde aló. Ten en conta que non todas as delegacións ofrecen estes periodos de prácticas. 

Duración e contía
A duración é de seis meses como máximo e non son prácticas remuneradas.
Ultima actualización: 16-10-2023
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir