Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea

PRÁCTICAS NO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR.

O Servizo Europeo de Acción Exterior (SEAE) é o servizo diplomático da Unión Europea. Encárgase de apoiar á Xefa das relacións exteriores da Unión (a Alta Representante para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade) a executar e levar a cabo a Política Exterior e de Seguridade Común. O servizo comezou a funcionar formalmente o 1 de xaneiro de 2011, pero foi creado co Tratado de Lisboa, que entrou en vigor en 2009.

O periodo de prácticas é xestionado pola Traineeships Office da DX de Educación e Cultura da Comisión Europea. Das 1.400 prazas ofertadas cada ano, 60 corresponden a prácticas no SEAE (30 para cada período). As prácticas no SEAE ofrecen a oportunidade de acadar un mellor coñecemento e entenedemento do funcionamento das institucións comunitarias e do proceso de toma de decisións no eido das relacións internacionais. 
Requisitos
  • Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
  • Ter unha titulación universitaria de, polo menos, tres anos. 
  • Bo coñecemento de inglés/francés/alemán e bo coñecemento doutra lingua oficial.
Postos
Dentro da convocatoria xeral de prácticas na Comisión Europea, 60 das 1.400 prazas (aproximadamente) que se ofertan son para o SEAE (30 para cada periodo). 
Lugar
Nas oficinas do SEAE.
Proceso de selección
Máis información: https://ec.europa.eu/stages/
Duración e contía
Prácticas de 5 meses con remuneración variable.
Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir