Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

BANCO MUNDIAL. PROGRAMA DE PRÁCTICAS

O obxectivo é dar aos candidatos unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos e obter a experiencia de traballar no ámbito internacional.
Requisitos
  • Estar licenciado e matriculado nun programa de mestría ou terceiro ciclo.
  • Terán preferencia os estudos de: economía, finanzas, desenvolvemento, ciencias sociais, agricultura, medio ambiente, desenvolvemento do sector privado e ámbitos relacionados.
  • Nivel de inglés fluído e coñecemento doutras linguas como francés, español, ruso, árabe, portugués e chinés.
Lugar
Sede do BM (Washington, Estados Unidos).
Prazos de solicitude
A solicitude faise en liña segundo o período:
  • De maio a setembro: candidaturas entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro.
  • De novembro a marzo: candidaturas entre o 1 de setembro e o 31 de outubro.
Proceso de selección
Os departamentos do BM escollen os mellores perfís segundo as súas necesidades.

Máis información en: 
http://www.bancomundial.org
Duración e contía
A duración mínima é de 4 semanas. 

O BM paga un salario e outorga unha axuda de viaxe.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir