Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

CORTE PENAL INTERNACIONAL. PROGRAMA DE PRÁCTICAS

A Corte Penal Internacional ofrece a oportunidade de coñecer o seu funcionamento, obxectivos e desafíos a estudantes de Dereito ou outras diciplinas relacionadas, segundo a convocatoria.
Requisitos
  • Ser licenciado ou cursar os últimos anos da licenciatura en Dereito no momento da convocatoria. Para posicións que non requiren formación legal poden ser licenciados en historia, relacións internacionais, ciencias políticas, periodismo, tradución e interpretación, psicoloxía, etc.
  • Ter un bo expediente académico.
  • Ter coñecementos informáticos.
  • Ser menor de 35 anos.
  • Dominar como mínimo unha das linguas de traballo da institución (francés e inglés). Valóranse coñecementos de castelán, ruso, chinés ou árabe.
Postos
  • Programa de prácticas. As prácticas ofrecen a oportunidade de traballar nun pequeno equipo internacional novo e entusiasta, ao tempo que ser parte dun gran secretariado internacional e unha rede global para seguir aprendendo do traballo do organismo.
  • Prácticas legales. Responderá directamente ao oficial xurídico superior e ofrecerá soporte ao resto do equipo en relación ó traballo da avogacía e ás comunicacións, así como das tarefas administrativas.
  • Prácticas de avogacía. Responderá directamente ao oficial xurídico superior e ofrecerá soporte ao resto do equipo en relación ó traballo da avogacía e ás comunicacións, así como das tarefas administrativas.
Lugar
Nos órganos de Presidencia e Cámaras, Oficina do Fiscal e no Rexistro.

Sede da Corte Penal Internacional (A Haia, Países Baixos).
Prazos de solicitude
Os prazos de solicitude varían segundo o órgano participante, sendo polo xeral entre os meses de agosto e setembro.
Proceso de selección
A candidatura deberá incluír CV e carta de motivación xunto coa documentación requirida.

Máis información en: http://www.icc-cpi.int
Duración e contía
A duración será de 3 a 6 meses.

As prácticas non son remuneradas pero, baixo circunstancias excepcionais, podería asignarse unha axuda económica. 
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir