Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

FONDO MONETARIO INTERNACIONAL (FMI). PROGRAMA DE ASISTENTES DE INVESTIGACIÓN (RAP)

Este programa está dirixido a licenciados cun excelente expediente académico que queiran obter experiencia laboral antes de continuar estudando ou empezar a traballar.
Requisitos
  • Estar licenciado ou ter unha mestría en Económicas, Informática, Matemáticas, Estatística ou Administración de Empresas.
  • Ter un excelente expediente académico.
  • Inglés fluído.
  • Coñecementos informáticos.
  • Dotes comunicativas e habilidades sociais.
Lugar
Sede do FMI en Washington (Estados Unidos).
Prazos de solicitude
A solicitude realízase online durante todo o ano.   


Proceso de selección
Candidatura espontánea e selección segundo as necesidades da organización. Os preseleccionados deberán completar a candidatura con máis información e realizar unha entrevista.

Máis información en:  http://www.imf.org/external/
Duración e contía
A duración é de dous anos, mentres que o salario depende do destino e inclúe aloxamento e seguro médico.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir