Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

INTERNACIONAL TRADE CENTRE (ITC)

O ITC quere fomentar un mellor coñecemento das materias relacionadas coa promoción do comercio a nivel internacional. O organismo ofrécelle ás súas divisións a colaboración de selectos estudantes especializados en campos relevantes como a economía, a promoción do comercio, o desenvolvemento de produtos e mercados, os sistemas de información comercial ou o dereito comercial internacional.
Requisitos
  • Estar cursando unha licenciatura ou mestría no momento da convocatoria e continuar cos seus estudos ao tempo que realizan as prácticas.
  • Facer polo menos 4 cursos nunha universidade ou centro análogo.
  • Coñecementos de inglés e/ou francés.
Lugar
Sede do ITC en Xenebra (Suíza).
Prazos de solicitude
O prazo está aberto durante todo o ano.
Proceso de selección
Envíase o CV e un certificado de matrícula no centro universitario, e a solicitude entra nunha bolsa, onde permanece activa durante 6 meses. Unha vez pasado ese prazo pódese renovar a candidatura.   

Para máis información: http://www.intracem.org
Duración e contía
Teñen unha duración de 3 meses. coa posibilidad de prorogalo ata un máximo de 6 meses.

Non ofrecen remuneración.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir