Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS PARA A ALIMENTACIÓN E AGRICULTURA (FAO)

A FAO ofrece bolsas de prácticas a profesionais e académicos novos que contribúen ao cumprimento do seu mandato mediante a colaboración nos programas que se levan a cabo.

As bolsas están patrocinadas por unha variedade de institucións e organizacións paraestatais.
Requisitos
  • Ter entre 21 e 30 anos.
  • Estar en posesión dunha titulación universitaria ou ser estudante dos últimos cursos.
  • Para a modalidade patrocinada, ter un título universitario de mestrado. 
  • Os candidatos deben dominar correctamente algún dos idiomas oficiais da FAO (árabe, chinés, español, francés, inglés ou ruso) dacordo co seu nomeamento. O coñecemeneto dunha segunda lingua tamén será valorado.
  • Os candidatos deberán ser capaces de adaptarse a un entorno internacional multicultural e ter coñecemento bo usa dos progrmas informáticos básicos.
  • Non ser fillo, irmán ou irmá dun empleado da FAO.
  • Ter estatus legal de inmigración ou residencia no destino asinado.
Lugar
Na sede da FAO, en Roma, ou nalgunha das súas numerosas oficinas descentralizadas de todo o mundo.
Prazos de solicitude
Non se establece prazo, depende das vacantes.
Proceso de selección
Máis información no seguinte enlace.
Duración e contía
A duración das prácticas é de tres a once meses, no marco dun programa académico ou dun programa establecido de capacitación, nun ámbito específico do desenvolvemento.

A contía da bolsa da FAO é de 700 dólares ao mes. Os bolseiros patrocinados por outras institucións reciben unha dotación de acordo co estipulado nas mesmas.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir