Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

ORGANIZACIÓN DO TRATADO DO ATLÁNTICO NORTE (OTAN)

A OTAN ofrece prácticas remuneradas nas seguintes áreas: política de defensa, xestión executiva, Oficina de Seguridade da OTAN, operacións, asuntos políticos e política de seguridade, diplomacia, Oficina de Recursos da OTAN...; e tamén en diferentes Axencias: IMS (Persoal Militar Internacional), SHAPE, NC3A, NAMA, etc.
Requisitos
  • Ter cursados polo menos dous anos de estudos superiores (ou estar recén graduado) dalgunha das seguintes disciplinas: ciencias políticas, relacións internacionais, estudos de seguridade, economía, finanzas, recursos humanos, informática, deseño gráfico e web, biblioteconomía, enxeñarías ou comunicación.
  • Que o título máis alto obtido non teña  máis dun ano de antigüidade.
  • Idade mínima de 21 anos.
  • Ser cidadán dun país pertencente á OTAN.
  • Nivel alto de inglés e/ou francés (valoraranse coñecementos de ruso e/ou árabe).
Postos
  1. O programa de prácticas financiado pola OTAN.
  2. O programa de bolsas, financiado durante todo o ano para os candidatps que recibian unha bolsa da súa propia universidade ou dunha institución gobernamental.
Lugar
Na sede da OTAN en Bruxelas e noutras oficinas.
Prazos de solicitude
O programa de prácticas da OTAN ofrece prácticas unha vez ao ano.

As listas para o ano 2021 están pechadas.
Proceso de selección
Máis información en: http://www.nato.int

Duración e contía
A duración é de aproximadamente 6 meses.

A contía da bolsa para o programa de prácticas da OTAN é de 1049,65€ brutos ao mes, e o custo da viaxe 1200
€. 

Terás dereito a 15 días de vacacións durante os 6 meses de duración das prácticas. 
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir