Proceso de selección
Confeccionarase unha lista de candidatos da que se seleccionarán os pasantes. Ademais do programa regular de pasantías, pode xurdir a necesidade de contratar pasantes por un prazo breve para determinadas tarefas. Estas persoas tamén se escollerán entre a lista, que soamente se manterá por un ano.
Para máis información clicka no seguinte
enlace.
Duración e contía
Os
pasantes remunerados recibirán un subsidio de 60 francos suízos diarios (48€).
A OMC poderá empregar pasantes non remunerados financiados mediante fondos
externos.
As pasantías teñen unha duración máxima de entre 3 e 6 meses, dependendo
do proxecto para o cal foi solicitado o pasante e das necesidades de cada
División.