Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL. BOLSAS DE FORMACIÓN

A Consellería do Medio Rural convoca bolsas de formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación, bolsas de prácticas para os recentemente titulados en especialidades agrarias, forestais, veterinaria, tecnoloxía dos alimentos e bioloxía e bolsas de prácticas para alumnos e recentemente titulados de formación profesional da familia agraria.
Requisitos

Ser estudante ou recentemente titulado nas especialidades seguintes:  
  • 16 bolsas de formación de tecnólogos: licenciados en enoloxía (2), ciencias químicas (2), ciencia e tecnoloxía dos alimentos (2), bioloxía (2), enxeñeiros agrónomos (2), enxeñeiros técnicos agrícolas (2), enxeñeiros de montes (2), enxeñeiros técnicos forestais (2).  
  • 14 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación: ciclo superior en industria alimentaria (2), ciclo medio en elaboración de viño e outras bebidas (3), ciclos formativos de grao medio ou superior da familia agraria (2), ciclos formativos de grao medio ou superior da familia química (7).  
  • 16 bolsas de prácticas para estudantes de 1º curso (7) e 2º curso ou recentemente titulados (9) en ciclos da familia agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Secretaria Xeral de Medio Rural e Montes.  
  • 24 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes: recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en veterinaria, en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e en bioloxía.
Lugar
En unidades dependentes da Consellería do Medio Rural e en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e climático.
Prazos de solicitude
No segundo trimestre do ano.
Proceso de selección
As solicitudes presentaranse no prazo dun mes dende a publicación da convocatoria no DOG.  

Para máis información: http://ww.medioruralemar.xunta.es 
Duración e contía
A duración e contía depende do eido de formación.
  • Bolsas de formación tecnólogos: 4 meses, 1.000€/mes.
  • Bolsas de formación de persoal de apoio á investigación: 4 meses e 800€/mes.
  • Bolsas de prácticas para estudantes de 1º curso (7) e 2º curso ou recentemente titulados (9) en ciclos da familia agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Secretaria Xeral de Medio Rural e Montes:
    • Estudantes de 1º curso: 2 meses e 600€/mes.
    • Estudantes de 2º curso ou recentemente titulados: 3 meses e 800€/mes.
  • Bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes: 3 meses e 1.000€/mes.
Ultima actualización: 19-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir