Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

DEPUTACIÓN DE OURENSE. BOLSAS DA PARA ESTANCIAS E PRÁCTICAS LABORAIS EN EMPRESAS EUROPEAS

Convocatoria de Bolsas internacionais para titulados universitarios financiadas con fondos europeos.
Requisitos
  • Posuír titulación universitaria nunha universidade española ou estar en condición de obter a titulación na data que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Ter coñecementos de portugués e/ou inglés cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica.  
  • Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.
  • Non ter gozado anteriormente dunha bolsa do Programa Leonardo da Vinci do grupo obxectivo PLM: persoas no mercado laboral.
Lugar
Estados membros da UE, preferentemente Reino Unido e Portugal.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Previamente á validación, deberanse achegar, en formato electrónico, o formulario de solicitude e todos documentos avaliables non obrigatorios: certificado de empadroamento nun municipio da provincia de Ourense; xustificante acreditativo de obter o título académico no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no centro asociado da UNED en Ourense, e certificado acreditativo da discapacidade do solicitante igual ou superior ao 33%. 

Para máis información: 
http://becasinternacionais.depourense.es
Duración e contía
As bolsas teñen unha duración media de 14 semanas e o importe difire en función do país de destino.
Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir