Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. BOLSAS PARA PRACTICAS LABORAIS EN EMPRESAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra convoca estas bolsas, destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, co obxectivo de completar a súa formación para facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.
Requisitos
  • Ter a nacionalidade española ou dun dos países da Unión Europea.
  • Estar en posesión do título esixido para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  • Ter finalizados os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó 1 de xaneiro do 2007.
  • Non ser beneficiario na actualidade, nin beneficiarse con anterioridade, dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia. 
  • Non beneficiarse anteriormente dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses nos extinguidos organismos autónomos. 
  • Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra desde antes do 1 de xaneiro de 2015. 
  • Estar inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego. 
  • Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos.  
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV, nas bolsas de titulados universitarios, e nivel Celga III nas bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional.
Lugar
Empresas da provincia de Pontevedra.
Prazos de solicitude
Segundo trimestre do ano.
Proceso de selección
O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos (expediente académico, cursos universitarios de doutoramento ou máster, posuír unha titulación universitaria ou de formación profesional distinta e de nivel igual ou superior á esixida), a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase.

Para máis información:
http://www.depo.es/becas
Duración e contía
As bolsas terán unha duración de 6 meses e poderán ser prorrogadas por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno.  

A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de 800,00 € ó mes para titulados universitarios e de 700,00 € ó mes para ciclos superiores de formación profesional.
Ultima actualización: 19-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir