Proceso de selección
Unha
comisión avaliadora examinará todas as solicitudes presentadas e os méritos
acreditados.
Para
máis información:
http://www.igape.es
Duración e contía
A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de doce (12) meses, contados desde a asignación do/da bolseiro/á o seu destino, podendo ser prorrogada polo Igape por un período máximo de ata catro meses adicionais.
A contía das bolsas é de 10.800 euros anuais. En caso de prórroga da bolsa, a dotación incrementarase proporcionalmente segundo a duración da prórroga.
Considéranse incluídos dentro da dotación da bolsa a seguridade social, no seu caso, os impostos de carácter persoal, así como todos os gastos en que teña que incorrer o/a bolseiro/a para o desenvolvemento das fases teóricas ou prácticas da bolsa.