Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

OFICINAS DE TURISMO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. BOLSAS DE FORMACIÓN

Bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra.
Requisitos
  • Ser nacional dun Estado membro da UE.
  • Posuír o título de grao ou diplomatura en Turismo, de técnico superior en Guía, técnico superior en Información e Asistencias Turísticas ou de técnico superior en Información e Comercialización Turísticas, na data en que remate o prazo de presentación de instancias. A titulación deberá ser obtida con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009. 
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga 4.
Lugar
Oficinas de Turismo da provincia de Pontevedra.
Prazos de solicitude
Ao longo do ano en función da necesidade das Oficinas de Turismo.
Proceso de selección
Para máis información:  
http://www.depo.es/web/edepo/becas
Duración e contía
As bolsas terán unha duración de tres ou seis meses, contando cunha dotación económica de  840 € ao mes para as e os graduados e diplomados, de 740 € ao mes para as e os técnicos superiores, e de 640 € ao mes para quen acceda á bolsa co Certificado de Profesionalidade. 
Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, independentemente da súa natureza, excepto as asistencias e indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar a entidade correspondente. 
Ultima actualización: 19-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir