Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

AUSTRALIA. BOLSAS ENDEAVOUR EXECUTIVE

As bolsas Endeavour Executive son un programa do Goberno australiano destinado a profesionais e investigadores estranxeiros. Céntranse no desenvolvemento de habilidades e coñecementos por medio dun ambiente de traballo en lugar de mediante a inscrición formal nun programa de estudos. Estas actividades de desenvolvemento profesional poden incluír coaching empresarial, cursos para o desenvolvemento de habilidades de liderado, tutorías, formación peer-to-peer, etc. Sempre nun ambiente de empresa, e non académico.
Requisitos
  • Ter máis de 18 anos.
  • Ser cidadán ou residente dun dos países participantes.
  • Comezar o programa entre xaneiro e novembro.
  • Non ter recibido unha axuda do goberno australiano para o mesmo fin.
  • Os solicitantes deben ser seleccionados pola súa empresa de orixe ou pola empresa de destino. Será o solicitante o que se encargará de facer a procura da empresa concreta na que levar a cabo o período da bolsa.
  • Valorarase ter un bo expediente académico e experiencia profesional.
  • Realizar unha proposta explicando o aproveitamento que se acadará durante a bolsa e os beneficios que terá no posterior desenvolvemento profesional.
  • As posibilidades de desenvolver vínculos entre a empresa australiana e as empresas do país de orixe do solicitante.
Lugar
Empresas australianas.
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
Máis información no seguinte enlace.
Duración e contía
As bolsas terán unha duración de entre un e catro meses. 
  
A contía alcanza os 18.500 dólares australianos que se dividen en axudas para o viaxe (3.500 dólares), para o establecemento (2.000 dólares), abonos mensuais de 3.000 dólares e seguros de saúde e de viaxe.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir