Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

FUNDACIÓN SEPI-AIRBUS. BOLSAS DE PRÁCTICAS

A Fundación SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais),  en colaboración co Airbus Group, convoca 20 bolsas no marco do programa “Fundación SEPI-Airbus Defence and Space”, co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica.
Requisitos
  • Nacer con posterioridade ao 31.12.1987.
  • Estar en posesión do título de Enxeñeiro Superior, Grao ou Máster nunha especialidade relacionada.
  • Ter rematada a titulación con posterioridade ao 31.12.2014.
  • No ser beneficiario dalgún programa de bolsas da Fundación con anterioridade.
  • Nivel de inglés alto (C1 o equivalente).
  • Inscribirse no MBA, especialidade Aeronáutica, impartido pola Escuela de Organización Industrial (EOI) cun coste de 8.000 euros.
Lugar
A  formación práctica dos bolseiros desenvolverase en calquera dos centros de traballo que AIRBUS e ALESTIS teñen establecidos en Sevilla.
Prazos de solicitude
Durante o segundo semestre do ano.

O prazo de solicitude para a convocatoria do ano 2018 rematou o 26 de setembro do 2017. 
Proceso de selección
O proceso de selección estará a cargo dun xurado composto por representantes do grupo Airbus e da SEPI. 
Consistirá nunha fase de preselección e nun conxunto de probas de aptitude e competencias, proba de inglés e unha entrevista.

Para máis información: https://www.fundacionsepi.es

Duración e contía
A duración total é de 12 meses, co seu inicio previste no mes de xaneiro. 

O bolseiro recibirá unha asignación de 920 euros ao mes.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir