Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

FUNDACIÓN UNIVERSIDADE-EMPRESA, UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE MADRID E UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE BARCELONA. PROGRAMA CITIUS

CITIUS é un Programa de Iniciación Profesional na Empresa promovido pola Fundación Universidade-Empresa, a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Autónoma de Barcelona. Consta de dúas partes:
1) Plan de Formación Específica na Empresa: prácticas tuteladas e outras actividades formativas nalgunhas das empresas asociadas.
2) Plan Académico de Formación: existe unha ampla gama de itinerarios personalizados para que os bolseiros de CITIUS podan completar a súa formación nas direccións que aconsellen o seu labor na empresa receptora, a súa formación previa e o seu desenvolvemento profesional. Os bolseiros que realicen as prácticas fóra da Comunidade de Madrid realizarán este plan a distancia.
Requisitos
  • Ser cidadán español ou estranxeiro con permiso de residencia/estudo.
  • Ser menor de 30 anos no momento de realizar a solicitude de admisión.
  • Posuír un título universitario oficial homologado de graduado, diplomado, licenciado, arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro, ou enxeñeiro técnico que se adecúe ás prazas ofertadas en cada convocatoria, e obtido nos últimos catro anos.
  • Non ter desempeñado traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, por conta propia ou allea. Inclúense os contratos laborais en prácticas para a formación, os contratos temporais e os mercantís.
  • Non ser beneficiario deste programa de bolsas con anterioridade.
  • A condición de bolseiro do programa é incompatible con calquera traballo remunerado, coa percepción do seguro de desemprego e con calquera outra bolsa de calquera tipo, así como calquera actividade profesional ou académica que impida a normal realización das prácticas o da actividade lectiva prevista no Programa.
Lugar
En España.
Prazos de solicitude
Convocatoria aberta todo o ano.
Proceso de selección
A selección dos bolseiros e a adxudicación das prazas realizarase polo Comité de Dirección do programa xunto cos representantes das empresas participantes. Teranse en conta os méritos académicos, os estudos e actividades complementarias e os coñecementos de idiomas e informática.  

Para máis información: https://www.talentoteca.es 

Duración e contía
A duración total é dun ano, e o bolseiro percibirá unha dotación bruta mínima de 800€/mes.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir