Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERXÍA E TURISMO. BOLSAS “TURISMO DE ESPAÑA”

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo convoca bolsas para realizar prácticas profesionais e de investigación turística nas Consellerías Españolas de Turismo no Estranxeiro.
Requisitos
  • Ter nacionalidade española.
  • Dispor dunha Licenciatura ou Grao universitario (calquera), ou ben dispor dunha Diplomatura en Turismo, Ciencias Económicas e Empresariais, Marketing, Socioloxía e Xestión e Administración Pública. Ditas titulacións deberon superarse con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2011 e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Ter unha nota media mínima de 6,5 sobre 10 ou 1,75 sobre 4, nas cualificacións finais dos estudos que se aleguen para concorrer á bolsa.
  • Non ter obtido con anterioridade ningunha bolsa «Turismo de España», nin ter obtido nos tres anos anteriores ao desta convocatoria dunha  bolsa para unha finalidade similar.
  • Posuír coñecementos de inglés (nivel B2) e do idioma do país (nivel B2) no que estea situada a Consellería de Turismo.
Lugar
Nas Oficinas de Turismo Españolas no Estranxeiro:
  • Europa: Berlín, Bruxelas, Copenhague, Dublín, Düsseldorf, Estocolmo, Frankfurt, Helsinki, A Haia, Lisboa, Londres, Milán, Moscova, Múnic, Oslo, París, Roma, Varsovia, Viena, Zürich.
  • Rexión Asia- Pacífico: Cantón, Pekín, Tokio e Mumbai.
  • Norteamérica: Chicago, Os Ánxeles, Miami, México, Nova York, Toronto.
    Sudamérica: Bos Aires, Sao Paulo.
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
A ordenación e instrución do procedemento estará a cargo da Dirección Xeral de TURESPAÑA e convocará aos candidatos a unha entrevista persoal.  



Duración e contía
Nas oficinas de Europa (excluído Moscova) a  contía anual prevista é de 24.000 euros, mentres que no resto de rexións é de 31.000€. A duración máxima prevista é de dous anos.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir