Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

MUSEO NACIONAL CENTRO DE ARTE REINA SOFÍA. BOLSAS DE FORMACIÓN.

O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía convoca bolsas de investigación, coordinación e formación en materias e actividades competencia do museo.
Requisitos
  • Estar en posesión do título académico correspondente en función da categoría de bolsa: Titulación de posgrao con especialización en Historia da Arte, Licenciatura en Xeografía e Historia, Historia da Arte, Humanidades, Comunicación Audiovisual e Biblioteconomía e Documentación.
  • Non se poderán presentar os beneficiarios de bolsas do Museo nas tres convocatorias anteriores.
  • Reunir os requisitos especificados no anexo I para cada clase de bolsas.
Lugar
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid).
Prazos de solicitude
Nos seguintes 15 días hábiles da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, dende as 0:00 ás 15:00 horas do último día do prazo. 
Proceso de selección
O presentación das solicitudes realizarase nos 15 días naturais seguintes a publicación do BOE.

Para máis información: http://www.museoreinasofia.es 

Duración e contía
A duración é de doce meses.

A contía anual para o ano 2018 variará entre os 12.000 e os 24.000€ brutos en función da bolsa.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir