Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

MUSEO NACIONAL DO PRADO. BOLSAS DE FORMACIÓN DE INVESTIGACIÓN EN COLABORACIÓN CO MEADOWS MUSEUM

O Museo Nacional do Prado, en colaboración co Meadows Museum de Dallas (EEUU), ofrece un programa de becas remuneradas, para estudantes graduados, destinadas á formación dos especialistas en historia do arte. O obxecto das bolsas Meadows Museum - Museo Nacional del Prado é contribuír á formación de investigadores e especialistas nas áreas de conservación das coleccións do Museo Nacional do Prado entre os séculos XV-XVIII, incluíndo ambos os dous. Unha bolsa destinarase ás coleccións dos séculos XV y XVI, e a segunda, ás coleccións do Barroco, séculos XVII-XVIII, en calquera escola representada no Prado.
Requisitos
  • Segundo a convocatoria do ano 2016, osuír o título de Licenciado ou Grao en Historia da Arte con posterioridade a xaneiro de 2009-1010.   Dúas cartas de presentación de profesores.
  • Formación específica no ámbito da especialidade secleccionada-
  • Coñecementos de Informática.
  • Alto nivel de inglés falado e escrito.
Lugar
No Museo Nacional do Prado (Madrid).  

Os bolseiros realizarán unha estadía de dúas semanas durante o desenvolvemento da bolsa como persoal invitado no Meadows Museum.
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
Unha Comisión de Estudio e Valoración, efectuará a valoración das solicitudes en dúas fases: valoración de méritos e da proposta e xustificación da petición da bolsa, e entrevista presencial.

Para máis información: https://www.museodelprado.es 

Duración e contía
A duración é de 12 meses, cunha contía total para cada bolsa de 18.000€.
Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir