Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL. BOLSAS DE FORMACIÓN EN XESTIÓN DOCUMENTAL E ARQUIVÍSTICA

As bolsas teñen por obxecto a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas coa Xestión Documental e Arquivística.
Requisitos
  • Estar en posesión do titulo de Licenciado ou Graduado ou un título doutro país equivalente.
  • Ter rematado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2011.
  • Valoraranse tamén o expediente académico, a experiencia profesional, a formación específica na materia e coñecementos de informática.
Lugar
Na sede do Tribunal Constitucional.
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
Consta dunha fase de valoración dos méritos dos candidatos e unha segunda fase de entrevista persoal.  

Para máis información: 
https://www.tribunalconstitucional.es/es/convocatorias/Paginas/becas.aspx
Duración e contía
A duración máxima prevista é de 12 meses, con posibilidade de prórroga de ata un máximo de 12 meses, se fose conveniente para o programa de formación. A contía mensual prevista é de 1.100€ mensuais brutos.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir