Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

UNIVERSIDADE REI XOÁN CARLOS E FUNDACIÓN UNIVERSIDADE-EMPRESA. PROGRAMA PASARELA

A Universidade Rei Xoán Carlos e a Fundación Universidade-Empresa promoven o programa Pasarela, dirixido a mozos titulados de Formación Profesional de grao superior, co obxectivo de complementar a súa formación cos coñecementos máis demandados polas empresas actualmente.   A bolsa consta dun programa práctico nunha empresa e dun programa formativo de 80 horas na Universidade Rei Xoán Carlos, repartidas en módulos presenciais e a distancia.
Requisitos
  • Ser cidadán español ou estranxeiro con permiso de residencia.
    Posuír un título de Formación Profesional de grao superior, obtido nos cinco anos anteriores á convocatoria.
  • Ser menor de 30 anos no momento de solicitude da bolsa.
  • Non ter desempeñado traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, sexa por conta propia ou allea.
  • No ser beneficiario con anterioridade do programa de bolsas ou doutros programas análogos.
Lugar
Nunha empresa en España.
Prazos de solicitude
Convocatoria aberta todo o ano.
Proceso de selección
A selección dos bolseiros e a adxudicación das prazas realizarase polo comité de selección d o programa xunto coas empresas, podendo incluír entrevistas persoais.


Duración e contía
A duración total é de 12 meses, e o bolseiro recibe axuda de estudo de 700€ brutos mensuais.
Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir