Máis información
CV EUROPASS
EUROPASS é unha iniciativa da Comisión Europea lanzada en 2005 para unificar nun formato único distintos tipos de documentos.

O máis coñecido e o CV para elaborar en pantalla, que serve para:
  • Axudar ós cidadáns a apresentar as suas capacidades e cualificacións de maneira eficaz para encontrar traballo e formación;
  • Axudar ós empleadores a entender as capacidades e cualificacións dos traballadores;
  • Axudar ás autoridades educativas e de formación a definir e comunicar o contenido dos programas de estudo.
Requisitos
Para realizalo, só hai que entrar na web da plantilla do CV:

Elabórase o CV en pantalla, cubrindo distintas seccións coa información requerida e aportando certificacións cando sexa necesario.

Pódese variar a orde de algúns elementos do mesmo para adaptalo os nosos intereses.
Postos
Como consellos xerais á hora de redactar un CV, podemos destacar que ha de presentarse sempre:
  • De maneira clara, e o máis breve posible. Sendo o máximo habitual recomendado de dúas carillas.
  • Ordenado dunha maneira adecuada ó noso perfil e apresentando as ideas de maneira coherente cos nosos intereses.
  • Usar unha orde cronolóxica (comezando cos estudos e despois a experiencia) é a mais recomendada para estudantes, mentres que unha orde máis funcional, primando os traballos, interesa máis a persoas con experiencia laboral.
  • Facendo descripcións relevantes de todos os elementos a salientar do noso perfil, non sempre e necesario incluílo todo.
  • Orientado cara a institución ou empresa á que estemos solicitando, mostrando sabemos o que queremos e o que esperan de nós.
Lugar
Centro Nacional Europass en España
C/ Gustavo Fernández Balbuena 13, 3ª planta, 28002 Madrid
Tel. +(34) 915 50 67 18
E-mail: europass@oapee.es

extra
info extra
Ultima actualización: Jan 29, 2016
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir