Traballar no exterior
Traballar en ONGs

COMITÉ INTERNACIONAL DA CRUZ VERMELLA

Para poder facer fronte a situacións cada vez máis complexas e en ocasións perigosas, o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) procura nos seus novos colaboradores as condicións precisas para exercer un oficio nun contexto non habitual: o dun país asolado pola guerra ou as súas repercusións.
Requisitos
Existen procesos abertos todo o ano para os postos máis demandados e contratacións puntuais de outros perfís.  
Os requisitos xerais son: 

  • Idade ideal: mínimo 25 anos.
  • Estar disposto a ir sen acompañamento familiar ás dúas primeiras misións (24 meses).
  • Formación universitaria ou equivalente.
  • Experiencia profesional mínima de 2 ou 3 anos.
  • Dominio de inglés e francés para a maioría dos postos.
  • Permiso de conducir nacional e internacional (manual).
  • Sólida motivación humanitaria.
  • Espírito aberto e boa capacidade de adaptación.
  • Capacidade para traballar baixo presión en condicións de seguridade difíciles.
  • Requisitos adicionáis segundo o posto.    
Lugar
Os postos de traballo desempéñanse na sede ou en actividades de campo.
Prazos de solicitude
Proceso de selección
Solicitude online dos postos. A candidatura será avaliada e nun prazo os preseleccionados serán contactados e invitados a fase de entrevistas en Xenebra. 
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir