Traballar no exterior
Traballar nas Institucións da UE

EMPREGO NA UE RESERVADO A FUNCIONARIOS OU PERSOAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

As institucións comunitarias ofrecen diferentes posibilidades para acoller por un determinado período a funcionarios ou persoal laboral procedente das administracións  públicas e que conten co pleno apoio financeiro por parte das administracións das que proveñen. 
Requisitos
  • Ser funcionario ou persoal laboral procedente das administracións públicas centrais, autonómicas ou locais. 
  • Ter un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo da Comisión (inglés, francés ou alemán). 
Postos
Institución da Unión Europea.
Lugar

  • Proporcionar ao persoal en prácticas unha experiencia de primeira man nos métodos de traballo e nas políticas da Unión Europea.
  • Adquirir experiencia práctica e coñecemento sobre o traballo diario dos departamentos e servizos das institucións comunitarias, proporcionándolles a oportunidade de traballar nun ambiente multicultural, plurilingüe e multiétnico. 
  • Pór en práctica os coñecementos adquiridos nas súas áreas específicas de competencia. 
Prazos de solicitude
Expertos nacionais en comisión de servizos
Os expertos nacionais destacados (END) o expertos nacionais en comisión de servizo, son empregados públicos das Administracións dos EEMM que, de maneira temporal, desenvolven a súa actividade profesional nas Institucións da UE. As Institucións da UE recorren á figura do END buscando coñecementos e experiencia profesional de alto nivel, que complemente o perfil do seu persoal. Ademais, a figura de expertos permite promover o intercambio de experiencias e coñecementos sobre as políticas europeas.
A Comisión convoca prazas de END unha vez ao mes. O resto de Institucións/ Organismos/Axencias no realizan convocatorias periódicas. Algunhas institucións e organismos contan con bolsas de candidatos accesibles a través de súas páxinas web (por exemplo o Comité das Rexións).
As convocatorias se publican na páxina web da REPER; así mesmo se distribúen aos Ministerios e as Oficinas das CCAA en Bruxelas, co fin de que realicen a difusión nos seus correspondentes contornos.
A duración do destacamento é por un período determinado (entre 6 meses e 4 anos, prorrogables excepcionalmente a un total de 6 anos) e ademais deberá concretarse a que servizo desexa adscribirse o candidato. Así mesmo, o candidato debe posuír polo menos 3 anos de experiencia así como un notable coñecemento de idiomas.
Cómpre mencionar que estas prácticas serán enteiramente sufragadas pola administración pública que envía ao funcionario, que tamén correrá cos gastos sanitarios que poidan ocasionarse durante o período de prácticas.

Expertos nacionais en formación profesional
O programa ten como obxectivo proporcionar aos empregados públicos dos Estados membros experiencia, coñecementos prácticos dos métodos de traballo, e a posibilidade de traballar nun ambiente multicultural e multilingüístico.
A Comisión Europea organiza, dúas veces por ano, este programa de prácticas, que teñen unha duración entre 3 e 5 meses. Para acollerse a elas, os candidatos deberán estar en activo nunha administración pública, ter un título universitario, e posuír un nivel satisfactorio de inglés ou francés. Quedan excluídos do programa aqueles candidatos que desempeñaran traballos de calquera tipo dentro das institucións da UE.
Ao igual que na figura anterior (experto nacional en comisión de servizos) este programa será enteiramente sufragado pola administración que envía ao funcionario.
As convocatorias das prácticas estruturais publícanse na web da Representación Permanente de España ante a Unión Europea. 
Proceso de selección
Representación Permanente de España ante a Unión Europea:

http://ec.europa.eu/civil_service/job/sne/index_en.htm 

Ultima actualización: Feb 9, 2016
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir