Aprendizaxe de idiomas
Aprendizaxe de idiomas

ESCOLAS OFICIAS DE IDIOMAS. CURSOS DE IDIOMAS

As Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) son centros públicos especializados no ensino de idiomas. Tamén imparten cursos monográficos e de verán. 
Requisitos
  • A Coruña: alemán, árabe, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso, chinés e xaponés. Conta con seccións en Carballo, Culleredo e Cee.  
  • Ferrol: alemán, francés, galego, inglés, portugués e italiano. Conta con seccións en Cedeira e As Pontes. 
  • Santiago de Compostela: alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués. Conta con seccións en Negreira, Ordes, Noia e Ribeira. 
  • Vilagarcía de Arousa: alemán, inglés, francés, italiano e portugués. 
  • Lugo: alemán, galego, portugués, italiano, francés, chinés e inglés. Conta cunha sección en Sarria.
  • Monforte de Lemos: alemán, francés, inglés e italiano. 
  • Ribadeo: alemán, francés, inglés e italiano. 
  • Viveiro: alemán, francés, inglés e italiano. Conta cunha sección en Burela.
  • Ourense: alemán, francés, galego, inglés, chinés, italiano e portugués. Conta con seccións en Celanova, O Barco, Carballiño, Ribadavia e Verín. 
  • Pontevedra: alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués. Conta con seccións en Lalín e A Estrada.
  • Vigo: alemán, francés, español para estranxeiros, galego, italiano, inglés, xaponés, chinés e portugués. Conta con seccións en Nigrán, Tui, Redondela, Ponteareas e Cangas. 
Postos
Nas EOI pódese acceder ao primeiro curso ou a un curso superior superando unha proba de nivel. Tamén se pode facer unha matrícula libre para presentarse aos exames de cada un dos tres ciclos (elemental, intermedio e avanzado) sen asistir ás clases.

Para máis información:
http://www.edu.xunta.es/web
https://www.informaticacentros.com/xunta/ 
Ultima actualización: Jun 7, 2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir