Aprendizaxe de idiomas
Aprendizaxe de idiomas

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN – AECID. LECTORADOS DE CASTELÁN EN UNIVERSIDADES ESTRANXEIRAS

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e a AECID convocan anualmente lectorados en universidades estranxeiras.
Requisitos
  • Ter a nacionalidade española.
  • Ser licenciado, doutor, máster universitario ou grao na rama de coñecemento de Artes e Humanidades, correspondente a: Filoloxía, Español, Linguas, Literatura, Humanidades, Tradución ou Interpretación, ou Máster universitario en ensinanza do español como lingua estranxeira. 
  • Formación específica na didáctica do español.
  • Experiencia docente de lingua e/ou da literatura en español. 
  • Coñecementos da lingua oficial do país de destino, ou doutra aceptada para a comunicación universitaria.
  • Non superar os 37 anos de idade.
  • Non ser lector MAEC-AECID na universidade seleccionada nos tres cursos inmediatamente anteriores.
Lugar
Nos centros universitarios detallados no Anexo I da convocatoria.
Prazos de solicitude
Publicación da convocatoria durante o primeiro trimestre do ano no BOE.
Proceso de selección
Unha comisión de valoración avaliará as solicitudes, tendo en conta o expediente académico, a formación, a experiencia, etc.  
Para máis información: 
http://www.aecid.es/ES/becas-y-lectorados/convocatorias-maec-aecid/lectorados
Duración e contía
Abranguen un curso académico, pero pódese solicitar a renovación ata un total de tres anos. Contemplan unha axuda para a viaxe e mensualidades entre 600€ e 1.200€ segundo o destino.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir