Aprendizaxe de idiomas
Aprendizaxe de idiomas

UNIVERSIDADES GALEGAS. CENTROS DE LINGUAS


Os Centros de Linguas son entidades creadas coa finalidade de promover a aprendizaxe de idiomas entre os membros da Comunidade Universitaria. 

  • A Universidade da Coruña (UdC) dispón dun Centro de Linguas no que se imparten cursos dos idiomas alemán, francés, inglés, italiano, portugués e español para estranxeiros. Ten presenza tanto na Coruña coma en Ferrol.
  • O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela organiza todos os anos cursos de diferentes linguas modernas: alemán, árabe, catalán, checo, chinés, galego, español, francés, inglés, italiano, portugués, ruso ou xaponés . Ten instalacións en Santiago e Lugo. Os cursos van dirixidos aos membros da comunidade universitaria, pero neles poden matricularse todas as persoas alleas á universidade que teñan cumpridos os 16 anos. 
  •  O Centro de Linguas da Universidade de Vigo organiza cursos cuadrimestrais das seguintes linguas: alemán, árabe, chinés, español, francés, inglés, italiano, persa, polaco, portugués, ruso e xaponés. 
Requisitos
  • Ter más de 16 anos 

Lugar
Máis información: http://www.centrodelinguas.gal/
Máis información: http://cdl.uvigo.es/ 
Máis información: www.usc.es/clm
Duración e contía
  1. UdC: Os cursos son trimestrais, coincidindo coas estacións do ano. Os cursos teñen unha duración de 30 horas lectivas e custan 166€ para o público en xeral e 125 € para os membros da UdC. Os cursos de conversación teñen unha duración de 15 horas lectivas e custan 125 € para o público en xeral e 84€ para os membros da UdC.
  2. USC: 80 horas lectivas desde mediados de outubro ata primeiros de xuño cun prezo de 175 € para o público en xeral e 150 € para os estudantes da USC.
  3. UdV: Cursos cuadrimestais de duración e prezo variable segundo o curso.


Ultima actualización: Feb 20, 2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir