Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

BANCO SANTANDER UNIVERSIDADES BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDIANTES DE GRAO.

Esta convocatoria forma parte do Programa Internacional de Bolsas Iberoamérica Estudantes de Grao do Banco Santander, no que participan universidades de Arxentina, Brasil, España, Chile, Colombia, México, Perú, Portugal, Porto Rico y Uruguai. En particular, a Convocatoria en España diríxese a estudantes de grao en universidades españolas, que poderán realizar estancias en diferentes universidades de Iberoamérica contribuíndo así ó desenvolvemento e á consolidación do Espazo Iberoamericano do Coñecemento.  
Requisitos
  • Deberán ser estudantes matriculados nalgunha das Universidades Participantes no Programa e cursar estudos de grado ou licenciatura, que xa realizaran a lo menos a metade dos créditos ou superado os dous primeiros cursos dos seus estudos.
  • Deberán, en todo caso, cumprir os criterios de elixibilidade, condicións e procedementos establecidos pola universidade no correspondente proceso de selección.
  • O estudante que sexa seleccionado para desfrutar dunha bolsa terá que contratar de maneira obrigatoria un seguro especial.
Lugar
Varias universidades de Iberoamérica.
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
Cada unha das Universidades Participantes será a responsable, en todos os seus termos, de xestionar a correspondente convocatoria das bolsas que lle sexan asignadas.  
Será requisito imprescindible para permitir a participación dos estudantes nos procesos de selección de beneficiarios, a súa inscrición a través da páxina web do banco Santander.  

Para máis información:   http://www.becas-santander.com/
Duración e contía
A duración é dun un semestre académico.  
A contía será de 3.000 euros ou o importe equivalente en dólares estadounidenses na data de entrega.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir