Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

FUNDACIÓN AGRUPACIÓN MUTUAL ASEGURADORA (A.M.A). BOLSAS DE ESTUDOS

 As bolsas da Fundación A.M.A teñen como finalidade axudar ós novos profesionais sanitarios na preparación das súas respectivas especialidades durante un curso. As bolsas destinaranse á preparación do exame de Médico Interno Residente (M.I.R.), do exame de Farmacéutico Interno Residente (F.I.R.) e do exame de Enfermeiro Interno Residente (E.I.R.), impartidos en centros docentes nacionais. Finalmente, a adxudicación levarase a cabo mediante un sorteo ante Notario.  
Requisitos
Poden participar todos os licenciados en medicina ou farmacia e diplomados en enfermería, así como estudantes de último año que prevexan finalizar os seus estudos con anterioridade á data do sorteo e non foran beneficiarios destas bolsas en edicións anteriores. Será condición indispensable para a asignación das bolsas a presentación de certificado de estudos ou título acreditativo, así como a validación dos títulos non españois.
A participación realizarase a través da páxina web cumprimentando todos os datos solicitados no formulario.
Lugar
España
Prazos de solicitude
Derradeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
A contía de cada unha destas bolsas será dun máximo de 3.000 euros no caso dos cursos M.I.R., de 2.000 euros para os cursos F.I.R. e de 1.600 euros para os cursos E.I.R., destinándose exclusivamente a gastos de docencia.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir