Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

FUNDACIÓN FULBRIGHT. REALIZACIÓN DE MASTERS MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

Bolsas para a realización de estudos de Máster en Artes, Humanidades e Ciencias Sociais en EE.UU.
Requisitos
  • Nacionalidade española, de calquera outro país da Unión Europea, ou do Espazo Económico Europeo con residencia en España.
  • Licenciatura ou estudos de grao con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010.
  • Nota media do expediente académica igual ou superior a 7 puntos, na escala 0-10.
  • Non ter gozado bolsas para a realización de estudos de Máster no estranxeiro por un período superior a 12 meses.
  • Non ter obtido ningunha titulación superior en EUA nin estar a realizar estudos de postgrao ou proxectos de investigación predoutoral en EUA.
  • Non ter finalizado ningún doutorado.
  • Non ter gozado unha bolsa Fulbright de ampliación de estudos de postgrao.
  • Excelente coñecemento do idioma inglés.
Lugar
En universidades de Estados Unidos.
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Máis información en:  http://www.fulbright.es/
Duración e contía
A duración das bolsas é de 12 meses, prorrogable por outro período máximo tamén de 12 meses.  
Terán unha dotación mensual de 1.500 € como máximo, unha cantidade en concepto de matrícula ou taxas académicas que en ningún caso superará os 10.000 €, 1.250 € para gastos de viaxe de ida e volta e seguro de enfermidade e accidentes.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir