Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

FUNDACION IBERDROLA. BOLSAS PARA ESTUDOS DE MESTRÍA EN ENERXÍA E AMBIENTE

A Fundación IBERDROLA presenta tres convocatorias de bolsas para cursar Estudos de Mestría en Enerxía e Ambiente en España, no Reino Unido e en Estados Unidos, dentro das seguintes áreas formativas: enerxías renovables, sistema enerxético sostible, medio ambiente, tecnoloxías limpas de carbón e xestión de emisións, eficiencia enerxética, almacenamento de enerxía, vehículos eléctricos, redes de distribución intelixentes, Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), tratamiento de datos (Big Data) e ciberseguridade. 
Requisitos
  • Ter nacionalidade española. 
  • Estar en posesión dun título universitario de grao ou licenciatura recoñecido ou ben atoparse no último ano dos estudos (en cuxo caso a concesión da bolsa supedítase á obtención do título).
  • Ter unha nota media na licenciatura ou grao igual ou superior a 7.0 sobre 10.
  • Acreditar un bo coñecemento de inglés (os títulos que se esixen dependen da convocatoria)
  • Para as bolsas en EEUU e UK, presentar un xutificante de ter iniciado o procedemento habitual de solicitude de praza nalgunha das universidades previstas pola bolsa. 
Lugar
España: Universidades e centros tecnolóxicos.  

Reino Unido: Imperial College of London e Universidades de Cambridge, East Anglia, Edimburgo, Strathclyde, Liverpool e Glasgow.  

Estados Unidos:  Oregon State University, 
Rochester Institute of Technology e Universidades de Binghamton, Connecticut, Maine e Rochester. 
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Primero faise unha preselección de candidatos, contactando coa Universidade correspondente para comprobar a admisión. Para os que pasen esta fase, haberá posteriormente unha entrevista personal tra-la cal farase pública a relación de beneficiarios. 

Para máis información preme aquí 
Duración e contía
A duración prevista é de un ano natural desde o inicio do programa de estudos.
As contías totais asignadas son de 10.800€ (España), 18.960€ (Reino Unido) e 24.000€ + 1.500€ para gastos de viaxe (Estados Unidos), ademais dos custos de matrícula.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir