Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA . BOLSAS DA PARA ESTUDOS DE POSGRAO

A Fundación Pedro Barrié de La Maza convoca bolsas para a realización de estudos de posgrao no estranxeiro. O obxectivo de estas bolsas e apoiar a formación dos titulados universitarios con vinculación a Galicia. Existen dúas modalidades: estudos de máster e axudas para a realización de estancias predoutorais.
Requisitos
  • Ter a nacionalidade española.
  • Vinculación con Galicia.
  • Estar en posesión dun título universitario superior ou ser estudante de último curso.
  • Ter solicitado a admisión en centros de estudos no estranxeiro.
  • Coñecemento de inglés e, no caso de ser distinto, do idioma de destino.
  • Para as estancias predoutorais, cómpre estar matriculado nun programa doutoral en Galicia.  
  • Experiencia profesional de dous anos, para cursar os estudos de MBA.
  • Solicita-la compatibilidade no caso de posuir outra axuda ou bolsa de investigación .    
Lugar
En universidades de todo o mundo.
Prazos de solicitude
No primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Aplicación da solicitude en liña e a realización dunha entrevista persoal presencial no caso de ser preseleccionado.  
Para máis información: http://www.fundacionbarrie.org/becas-posgrado-extranjero
Duración e contía
A duración da bolsa equivale a un curso académico, prorrogable por un segundo curso cando a duración dos estudos a realizar así o requiran. 
A dotación económica será dun máximo de 50.000 euros anuais e poderá aplicarse total ou parcialemtente a matrícula do programa no centro de destino, unha dotación inicial úica dee 1.000 euros en concepto de viaxe e  instalación, e unha asignación mensual de 1.600 euros en concepto de aloxamento e manutención. 
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir