Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

FUNDACIÓN RAFAEL DEL PINO. BOLSAS PARA ESTUDOS DE POSGRAO

A Fundación Rafael del Pino convoca bolsas para estudos de posgrao para licenciados e titulados superiores españois destinadas á ampliación dos seus estudos con dedicación a tempo completo, en Universidades e Centros de investigación. O obxectivo é contribuír á formación dos dirixentes españois e ó fomento do espírito e a actividade emprendedora en España.  
Requisitos
  • Os solicitantes deberán ter a nacionalidade española.
  • Ter finalizado tódolos cursos do grao universitario, a licenciatura ou título superior no momento de concluír o prazo da presente convocatoria.
  • Estar en posesión dun título universitario expedido por unha universidade española ou, no caso de ter un título superior dunha universidade estranxeira, estar oficialmente convalidado polo Ministerio de Educación español no momento de solicitar a bolsa. 
  • Acreditar documentalmente un excelente coñecemento escrito e falado do inglés e do idioma correspondente ó país onde estea localizado o centro de destino. En todo caso,deberán estar en posesión da certificación esixida por dito centro.
  • Acreditar  documentalmente que na data  de  peche  da  convocatoria  teñen  a experiencia laboral mínima que esixa o centro de destino. 
Lugar
En Universidades e Centros de investigación de primeiro nivel no mundo.
Prazos de solicitude
Derradeiro semestre do ano.
Proceso de selección
Máis información en: http://www.frdelpino.es     


Duración e contía
A contía máxima anual da bolsa será de 25.000 euros no caso dos estudos de doutorado ou proxectos de investigación e de 50.000 euros no caso dos estudos de máster ou similar que inclúan gastos de matrícula (en estos casos, la cantidad para gastos de alojamiento y manutención no podrán exceder de 1.650 euros/mes). 
Ultima actualización: 06-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir