Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

FUNDACIÓN RAMÓN ARECES. BOLSAS PARA ESTUDOS DE POSGRADO NO ESTRANXEIRO

A Fundación Ramón Areces concederá bolsas para a ampliación de estudos en universidades e centros de investigación no estranxeiro no eido das ciencias sociais, sobre temas de economía.
Requisitos
  • Ter a nacionalidade española.
  • Estar en posesión dun título superior, ou ben ser estudantes de último curso.
  • Admisión nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro.
  • Coñecemento excelente do idioma do país de destino.
  • Non ser beneficiario de ningunha beca, axuda económica, crédito ou calquera outra asignación de similar natureza de institucións e fundacións públicas ou privadas, durante o tempo que dure a beca.
Lugar
Universidade ou centro situado no estranxeiro.
Prazos de solicitude
No primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Máis información en: http://www.fundacionareces.es 

Duración e contía
A duración prevista é de 12 meses, podendo prorrogarse outros 12 meses. A contía mensual prevista é de 1.650€, máis os gastos de inscrición e matrícula así como gastos de viaxe anual de ida e volta.
Ultima actualización: 05-02-2016
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir