Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

O FUTURO DAS TIC: BOLSAS HUAWEI PARA ESTUDANTES DE ENXEÑERÍA INFORMÁTICA OU TELECOMUNICACIÓNS

O programa de formación para estudantes "O Futuro das TIC" é unha iniciativa de Huawei España enmarcada dentro do proxecto global da compañía "Seeds for the Future". O programa, que comezouse a desenvolver en España en 2013, ofrece bolsas para 15 estudantes, que realizarán unha estancia formativa na sede central de Huawei en Shenzhen (China).

Requisitos
O programa está dirixido a estudantes universitarios que:
1. Teñan pasaporte español. 
2. Estean matriculados en 2º ou 3º curso de estudos universitarios de Enxeñería de Telecomunicacións ou Enxeñería Informática. 
3. Teñan entre 19 e 25 anos.

Ademais, os candidatos deberán adxuntar:
- Unha presentación onde desenvolvan unha idea orixinal en torno a "O Futuro das TIC". O concepto creativo deberá enfocarse cara temas relativos a como a tecnoloxía pode axudar á sociedade do futuro, cara onde van evolucionar as TIC ou que tendencias poden xurdir nos próximos anos. A idea podera presentarse cun vídeo en YouTube,com cunha duración máxima de dous minutos. 
-Un currículum vitae (formato libre) onde se explique a traxectoria académica do estudante. Cando lle sexa solicitado, o estudante deberá adxuntar os certificados que acrediten os logros e méritos especificados no CV.
-Unha carta de motivación cunha extensión mínima de 300 palabras explicando as razones polas que o candidato é adecuado para o programa. 


Lugar
Sede central de Huawei en Shenzhen (China).
Prazos de solicitude
Ata o 12 de xuño de 2016.
Proceso de selección

Os criterios de avaliación serán: 
• 50% - Idea desenvolvida: orixinalidade, creatividade e innovación. 
• 30% - Carta de motivación: interese demostrado por participar no programa.
• 20% - CV: méritos e traxectoria académica.

Para máis información: http://www.elfuturodelastic.com/ 

Duración e contía
Concederanse 15 bolsas que cubrirán na súa totalidade os gastos do programa formativo en China cunha duración aproximada de dúas semanas. Durante ese periodo de tempo, os alumnos asistirán a un curso de formación dunha semana baseado no campo das Telecomunicacións e a Investigación tecnolóxica na central de Huawei, en Shenzhen (China). O programa desenvolverase íntegramente en China ó longo do mes de xullo de 2016. 
Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir