Bolsas de estudo
Bolsas relacionadas con Portugal

FUNDAÇÃO CALOUSTE GULBEKIAN. INVESTIGAÇÃO PARA ESTRANGEIROS

As bolsas dedícanse a apoiar a investigación realizada, en Portugal, por individuos estranxeiros no ámbito doutal ou para a publicación dun libro sobre temas de Cultura Portuguesa nas áreas de: Literatura, Historia da Arte e Ciencia Política.
Requisitos
  • Para admisión ao concurso, os demandantes deben anexar á candidatura online:
  • Ser estranxeiro e estar en posesión dun título universitario.
  • CV
  • Plan de traballo estruturado, que defina, clara e concretamente, o tema da investigación ou especialización pretendidas e os obxectivos visados.
  • Acceso a universidade de destino asegurado.
  • Documento dun experto apoiando o proxecto.
  • Documento emitido pola institución da que o demandante dependa e/ou por dúas persoas de recoñecida idoneidade no ámbito académico (ou profesional).
  • Para as bolsas relativas a publicación do libro, o compromiso do editor de publicar a obra nun prazo inferior a 24 meses dende a finalización da bolsa.
  • Documento de identificación do demandante.
Lugar
Universidade ou centro centro de investigación portugués.
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Máis información en: http://www.gulbekian.pt

Duración e contía
10 meses, contía variable.
Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir