Bolsas de estudo
Bolsas relacionadas con Portugal

FUNDAÇÃO ORIENTE BOLSAS DE INVESTIGAÇÃO E DOUTORAMENTO

A Fundación Oriente concede bolsas de estudo para a realización de teses de doutoramento e de traballos de investigación en temas relacionados co Extremo Oriente e Portugal nas áreas das Ciencias Sociais e Humanas dándose prioridade a temáticas relacionadas coas coleccións do Museo do Oriente.
Requisitos
Para optar as bolsas, os solicitantes non deben ter sido beneficiarios doutra para a mesma finalidade  e deben cubrir e entregar un formulário acompañado dos seguintes documentos:


  • Curriculum vitae.
  • Certificacións académicas na área en que se presentan a candidatura ou copias autenticadas.
  • Plan de traballo debidamente estruturado e pormenorizado, coa indicación do tempo que se considera necesario para a súa realización.
  • Documento de aceptación da supervisión da proposta de traballo.
  • Curriculum Vitae resumido do supervisor.
  • Documento de aceptación e/ou inscrición na correspondente institución.
  • Dúas cartas de recomendación do candidato e o proxecto.
Lugar
Universidade ou centro investigador e Fundaçao Oriente.
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
Máis información en: http://www.foriente.pt

Duración e contía
A duración da bolsa é de 12 meses, podendo ser renovada ata un máximo de 36 meses.
O valor mensual da bolsa é fixado anualmente pola Fundación e varía en función do grao académico do bolseiro.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir