Bolsas de estudo
Bolsas relacionadas con Portugal

FUNDAÇÃO PARA A CIÊNCIA E A TECNOLOGIA. BOLSAS PARA NATIONAL INSTITUTES OF HEALTH (USA)

Dende o Ministerio da Educação e a Ciência, a FCT ofrece bolsas a doutorados portugueses cun currículum de elevado mérito científico para realizar proxectos de investigación en laboratorios dos NIH en Estados Unidos.
Requisitos
  • Ter nacionalidade portuguesa.
  • Grao de doutor dende polo menos 3 anos e ter vivido en Portugal nos últimos 2.
  • Autor ou coautor de artigos en revistas internacionais de investigación.
  • Aceptación das condicións dos NIH.
  • Non ter sido beneficiados anteriormente ou desfrutar doutra beca durante o periodo de estadía.
  • Xustificación da necesidade de financiación.
Lugar
Diferentes NIH en Estados Unidos
Prazos de solicitude
Segundo   trimestre do ano
Proceso de selección
Duración e contía
A contía varía dependendo de diferentes condicións
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir