O proceso de selección dos
beneficiarios das bolsas constará de dúas fases:
I.- Unha
primeira fase de
méritos. Polo que se refire á formación académica e laboral, atenderase ao
expediente académico, cursos relacionados coa bolsa, participación en proxectos
e títulos de idiomas.
II.- Unha
segunda fase de
entrevista. Os aspirantes serán convocados a unha entrevista na que se valorará
o coñecemento xeral das institucións comunitarias e políticas europeas (en
particular a científica e tecnolóxica), o coñecemento sobre o programa Horizon
2020 e o grao de fluidez na lingua inglesa.
Máis información en:
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/
A duración abrangue un período de
12 meses, cunha contía anual de 16.200€ máis 1.100€ en concepto de axuda de
desprazamento para gastos de viaxe.