O
proceso de selección dos beneficiarios das bolsas constará de dúas fases:
I.- Unha primeira
fase de méritos. Polo que se refire á formación académica e laboral, atenderase ao expediente académico, cursos relacionados coa bolsa e títulos de idiomas.
II.- Unha segunda
fase de entrevista.
Os
aspirantes serán convocados a unha entrevista na que se valorará o coñecemento xeral e de
actualidade sobre organización dunha oficina e a capacidade de adaptación e de
traballo en equipo, especialmente en contornas multiculturais e plurilingües,
podendo a Comisión de Valoración efectuar algunha pregunta en lingua inglesa ou
francesa.
Para
máis información:
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/
A duración abrangue un período de 12 meses, cunha contía anual de 16.200€
máis 500€ en concepto de gastos de viaxe que serán aboados ao comezo das prácticas.